ASTOR PIAZZOLLA

Espectadores
Votos
Astor Piazzolla
na Semana de Cine
(Astor Piazzolla
en la Semana de Cine)
A música que soará nas salas, antes de cada proxección da XVIII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR estará dedicada ó músico arxentino Astor Piazzolla.
Astor Pantaleón Piazzolla nace o 11 de marzo de 1921 en Mar do Prata (Arxentina), fillo único de Vicente Nonino Piazzolla e de Asunta Mainetti. En 1925, a familia establécese en Nova Iorque ata 1936 cun fugaz retorno a Mar do Prata en 1930.
En 1929, cando Astor tiña oito anos, o seu pai regálalle o seu primeiro bandoneón que compra nunha casa de empeños por dezanove dólares. Estuda o bandoneón un ano con Andrés Dáquila e realiza a súa primeira gravación, Marionete Spagnol, un acetato (non comercial) produto dunha intervención radiofónica na Radio Recording Studio de Nova Iorque o 30 de novembro de 1931.
En 1933 asiste a clases de música co pianista húngaro Bela Wilda, discípulo de Rachmaninov e do que máis tarde dixo: “Con el aprendín a amar a Bach”. Pouco despois, coñece a Carlos Gardel, que se fai amigo da familia e con quen toma parte nunha escena da película El día que me quieras no papel dun diminuto canalla. Esta imaxe fílmica posúe un valor emblemático na historia do tango.
En 1936, retorna coa súa familia definitivamente a Arxentina, a Mar do Prata, onde comeza a actuar nalgúns conxuntos. Alí fai o seu segundo gran descubrimento despois do Bach de Bela Wilda, ó escoitar por radio ó sexteto de Elvino Vardaro, que anos máis tarde sería o seu violinista. Esa forma distinta de interpretar o tango impáctao profundamente e convértese no seu admirador. A inclinación de Astor polo tango e, en especial, por ese tipo de tango que comeza a prender con forza no seu espírito e no seu ánimo, lévao a establecerse en Bos Aires en 1938. Tiña só dezasete anos.
Alterna en diversos conxuntos de segundo orde ata que en 1939 concreta o seu soño: ingresar como bandoneonista nunha das grandes orquestras deses anos, a de Aníbal Troilo Pichuco, que foi un dos mellores intérpretes de bandoneón e a quen Astor recoñece como un dos seus mestres.
Astor sinte a necesidade de avanzar musicalmente e, xa sendo o arranxador da orquestra de Troilo, inicia en 1941 os seus estudos musicais con Alberto Ginastera e máis tarde, en 1943, estuda piano con Raúl Spivak. En 1942 casa con Dedé Wolff e deste primeiro matrimonio nacen os seus dous fillos: Diana en 1943 e Daniel en 1944. Os seus arranxos son demasiado avanzados para a época e acabaron por facer que Troilo llos corrixira para non espantar ós bailaríns das pistas.
En 1943, inicia as súas composicións de carácter “erudito” coa Suite para Cordas e Arpa e en 1944 deixa a Orquestra de A. Troilo para dirixir a orquestra típica que acompaña ó cantor Francisco Fiorentino ata 1946, onde forma a súa primeira orquestra que disolve en 1949. Con esta orquestra, de formación similar ás demais orquestras típicas da época, comeza a desenvolver o seu impulso creador con composición sen orquestracións cun maior criterio harmónico e dinámico. Ese tango, do novo e audaz director, máis moderno e distinto, empeza a provocar as primeiras polémicas entre os tangueiros clásicos.
En 1946 compón o tango El Desbande, considerado por Piazzolla como o seu primeiro tango por posuír unha estrutura formal diferente, e pouco despois, comeza a compoñer música para películas.
En 1949 sente a necesidade de disolver a orquestra, afastarse do bandoneón, e case do tango. Busca algo distinto, outro destino. Segue estudando a Bartok e Strawinski, dirección orquestral con Herman Scherchen e escoita moito jazz. A súa busca faise obsesiva perseguindo un estilo, unha música que non teña nada que ver co tango. Todo era moi confuso e Astor decide abandonar o bandoneón para dedicarse a escribir e afondar os seus estudos musicais. Tiña vinteoito anos.
Entre 1950 e 1954 compón un grupo de obras, claramente distintas xa da concepción do tango ata ese momento, e comeza a definir o seu estilo: Para lucirse, Tanguango, Prepárense, Contrabajeando, Triunfal e Lo que vendrá.
En 1953 presenta a obra Buenos Aires (tres movementos sinfónicos), composta en 1951 no concurso Fabien Sevitzky. Piazzolla gaña o primeiro premio e a obra é interpretada na Facultade de Dereito de Bos Aires pola Orquestra Sinfónica de Radio do Estado co agregado de dous bandoneóns e baixo a dirección do propio Sevitzky. Salta o escándalo, polas pelexas que se desencadearon ó finalizar o concerto, debido á indignación que provocou en certo sector “culto” do público, a incorporación de dous bandoneóns a unha orquestra sinfónica.
Un dos premios que gañou neste concurso foi unha bolsa outorgada polo goberno francés para estudar en París, onde viaxa en 1954, con Nadia Boulanger, considerada naqueles tempos como a mellor pedagoga que había no mundo da música. Ó principio, Piazzolla trata de ocultar o seu pasado tangueiro e de intérprete de bandoneón crendo que o seu destino estaba na música clásica. Este punto de conflito queda resolto despois de sincerarse ante Boulanger e de interpretar para ela o seu tango Triunfal. De aí xorde unha recomendación histórica: “Astor, sus obras eruditas están bien escritas pero aquí está el verdadero Piazzolla, no lo abandone nunca”.
Despois deste episodio, Piazzolla retorna ó tango e ó seu instrumento, o bandoneón. O que antes era a música erudita ou o tango, agora ha de ser a música erudita e o tango, pero do modo máis eficaz: tratar os recursos da música erudita co sangue do tango. En París, compón e grava unha serie de tangos cunha orquestra de cordas francesa e comeza a executar o bandoneón de pé, apoiando unha perna sobre unha cadeira, rasgo que vai caracterizar a súa posta en escena.
Cando Piazzolla volve a Arxentina (1955) continúa coa orquestra de cordas e ademais forma un conxunto, o Octeto Buenos Aires, que é o inicio da era do tango contemporáneo. Cunha formación de dous bandoneóns, dous violíns, contrabaixo, cello, piano e guitarra eléctrica, produce innovacións compositivas e interpretativas que van producindo unha ruptura co tango tradicional, afonda un criterio camarístico que se independiza do modelo clásico da orquestra típica e onde non ten lugar o cantor e o bailarín. Comeza a súa revolución solitaria e a gañar a eterna inimizade dos tangueiros ortodoxos, espertando na súa contra as máis impías críticas. Non se desalenta e segue polo camiño que sente máis que nunca como seu, pero os selos e os medios fanlle un forte boicot. En 1958 disolve o Octeto e a Orquestra de Cordas e viaxa a Nova Iorque a traballar como arranxador.
Entre 1958 e 1960 actúa en Estados Unidos, onde realizou a experiencia negativa do Jazz-Tango e onde a raíz da morte do seu pai en outubro de 1959 escribe en Nova Iorque o seu famoso Adiós Nonino. Ó volver conformou o primeiro dos seus célebres Quintetos, denominado Novo Tango (bandoneón, violín, baixo, piano e guitarra eléctrica). O Quinteto foi o conxunto que máis perdurou e o máis querido por Piazzolla, a síntese musical que expresou mellor as súas ideas.
En 1963 estrea, baixo a dirección de Paul Klecky, Tres Tangos Sinfónicos (Premio Hirsch) e en 1965 grava dous dos seus discos máis importantes: Piazzolla en el Philarmonic Hall de New York, que reproduce as obras do concerto co quinteto en maio de 1965 nese sitio e El Tango de valor histórico, produto da súa unión con Jorge Luis Borges.
En 1966 sepárase de Dedé Wolff. En 1968 inicia o seu extenso labor co poeta Horacio Ferrer con quen compón a “operita” María de Buenos Aires; comeza unha nova experiencia: o tango canción. Nesa época inicia a súa relación coa cantante Amelita Baltar.
En 1969, xunto a Horacio Ferrer, compón Balada para un loco, presentada no primeiro Festival Iberoamericano da Canción, onde se lle concede un polémico segundo premio. Esta obra resultou o seu primeiro impacto realmente popular, estreada por Amelita Baltar co propio Piazzolla na dirección da orquestra.
En 1970 volve a París, onde compón xunto con Ferrer o oratorio El Pueblo Joven, que se estreou en Saarbruck (Alemaña) en 1971 e nese mesmo ano forma o Conjunto 9, actuando en Bos Aires e en Italia, onde grava varios programas para a RAI. Este conxunto foi como un gran soño para Piazzolla: o conxunto de cámara que sempre quixo ter e onde produciu tal vez a súa música máis elaborada, pero ante a imposibilidade de sostelo, a realidade levouno á súa disolución.
En 1972 prodúcese a súa primeira actuación no Teatro Colón de Bos Aires, compartida con outras orquestras de tango. E en 1973, logo dun período de gran produción como compositor, sofre un infarto que o obriga a reducir a súa actividade artística.
Ese mesmo ano decide instalarse en Italia, onde inicia unha serie de gravacións que cobren cinco anos, sendo a máis célebre Libertango, obra que debe ser considerada como a súa carta de presentación ante o público europeo.
Nestes anos forma o Conjunto Electrónico, un octeto constituído por bandoneón, piano eléctrico e/ou acústico, órgano, guitarra e baixo eléctricos, batería, sintetizador e violín, que logo fora substituído por frauta travesa ou saxo. Posteriormente, en 1975, incorpórase como cantante José A. Trelles e alternan no conxunto músicos arxentinos e europeos. Este conxunto non tiña nada que ver cos anteriores e algúns considérano como unha aproximación ó jazz-rock, pero segundo dicía o mesmo Piazzolla: “Aí estaba a miña música, ulía a tango e non a rock” .
En 1974 sepárase de Amelita Baltar. Ese mesmo ano grava co saxofonista Gerry Mulligan un disco memorable, Summit, cunha orquestra de músicos italianos. A música que Piazzolla compón para este disco caracterízase polo tratamento exquisitamente melódico do bandoneón e do saxo, sobre unha base esencialmente rítmica. En 1975, morre Aníbal Troilo e na súa memoria compón a Suite Troileana, obra en catro movementos, que grava co conxunto electrónico, coa participación de A. Agri en violín.
En 1976 coñece á que sería a súa última muller, Laura Escalada. En decembro dese mesmo ano lévase a cabo un explosivo concerto no teatro Gran Rex de Bos Aires, onde presenta a súa obra 500 Motivaciones, escrita especialmente para o conxunto electrónico. En 1977, rexistra outro memorable concerto no Olympia de París, cun conxunto similar ó anterior, pero con músicos de procedencia máis próxima ó rock. Esta é a última formación de carácter eléctrico. Piazzolla repentinamente deixa de tomar como referencia a sonoridade internacional do tipo Chick Corea e, a pesar de que o conxunto electrónico facía boa música, non o considera o verdadeiro Piazzolla. Nace entón, en 1978, a segunda etapa do Quinteto, a que o consolidou nos escenarios do mundo. Tamén reinicia unha etapa onde se dedica ás composicións de carácter camarístico e sinfónico.
Os próximos dez anos son os mellores de Piazzolla en canto á súa difusión. Intensifícanse as xiras por todo o mundo: Europa, Sudamérica, Xapón e Estados Unidos. Nun período que chega ata 1990, realiza unha vertixinosa serie de concertos, fundamentalmente co Quinteto, e tamén como solista de orquestras sinfónicas e de cámara, e nos últimos anos coa súa última formación, o Sexteto, e con Cuartetos de corda. Realízanse numerosas gravacións en vivo deses concertos, editadas en CD. Este feito confirma dalgún modo algo que se dixo frecuentemente: a música de Piazzolla non existe se non é interpretada por el; o físico é unha característica do seu estilo, ó que poderiamos definir como unha estética do corpo en estado de música.
En 1982 escribe Le Grand Tango, para cello e piano, dedicada ó gran violoncellista ruso Mtislav Rostropovitch e que foi estreada por el en 1990 en Nova Orleáns e en xuño de 1983 prodúcese un dos feitos máis significativos da súa vida: preséntase cun programa integramente dedicado á súa música no Teatro Colón de Bos Aires, principal escenario da música clásica de Arxentina. Para a ocasión reagrupa ó Conxunto 9 e tamén intervén como solista coa Orquestra Sinfónica dirixida por Pedro I. Calderón, interpretando o seu célebre Concierto para Bandoneón y Orquesta.
En 1984 actúa coa cantante Milva, rexistrando o disco Live at the Bouffes du Nord e en Viena co Quinteto onde grava o CD Live in Wien. En 1985 é nomeado cidadán ilustre de Bos Aires e estrea o Concierto para Bandoneón y Guitarra: Homenaje a Lieja, coa dirección de Leo Brouwer no Quinto Festival Internacional de Guitarra en Bélxica.
En 1986 recibe en París o Premio César pola banda sonora do filme El exilio de Gardel e grava xunto a Gary Burton a Suite for Vibraphone and New Tango Quintet, en vivo, no festival de Jazz de Montreux, Suíza. En 1987 grava coa Orquestra de St. Luke’s, dirixida por Lalo Schifrin, o Concierto para Bandoneón y Tres Tangos para Bandoneón y Orquesta.
O concerto, que ten lugar en 1987 no Central Park de Nova Iorque fronte a un público masivo, posúe para Piazzolla o valor dunha reivindicación histórica. A cidade onde pasou a súa infancia, onde quedou subxugado pola música de Bach e o Jazz, e onde fracasou en 1958, finalmente préstalle atención á súa música. Os discos editados en Estados Unidos nos últimos anos dos 80’s documéntano: Tango Zero Hour, Tango Apasionado, La Camorra, Five Tango Sensations (co Kronos Quartet), Piazzolla con Gary Burton, etc.
En 1988, poucos meses despois de gravar o que sería o último disco co Quinteto (La Camorra), é sometido a unha operación de catro by-pass cardiovasculares. Pouco despois, a principios de 1989, forma o que sería o seu último conxunto, o Sexteto Nuevo Tango, de características inusuais: dous bandoneóns, piano, guitarra eléctrica, contrabaixo e violonchelo. Con este conxunto, preséntase no mes de xuño dese ano no Teatro Ópera de Bos Aires no que sería o seu último concerto en Arxentina e realiza unha extensa xira por Estados Unidos, Alemaña, Inglaterra e Holanda.
A finais de 1989 disolve este conxunto e continúa presentándose como solista con cuartetos de cordas e orquestras sinfónicas, ata que o 4 de agosto de 1990, en París, sofre unha trombose cerebral. Despois de case dous anos de sufrir as consecuencias desta enfermidade, morre en Bos Aires o 4 de xullo de 1992.
A súa obra, composta por máis de 1000 temas, na que consegue unha singularidade creadora e ineludiblemente arxentina, comeza a ter influencias sobre os mellores músicos do mundo e de distintos xéneros, como o violinista Gidon Kremer, o chelista Yo-Yo-Ma, o Kronos Quartet, os pianistas Emanuel Ax e Arthur Moreira Lima, o guitarrista Al Di Meola, os irmáns Assad e numerosas orquestras de cámara e sinfónicas. Unha obra que se caracteriza pola súa potencia estética e o seu rasgo único, case solitario. Non se parece a ningunha outra música, ó escoitala estamos obrigados a cuestionar os xéneros e empezar por dicir: isto é Piazzolla. Impacta e fascina. Trátase dunha ‘lingua’ que conseguiu un estilo inquebrantable. Con elementos dispares e rebeldes (o jazz, a música clásica, a exploración tímbrica) produce unha obra única baixo o drástico pulso do seu tango.
La música que sonará en las salas, antes de cada proyección de la XVIII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR, estará dedicada al músico argentino Astor Piazzolla.
Astor Pantaleón Piazzolla nace el 11 de marzo de 1921 en Mar del Plata (Argentina), hijo único de Vicente Nonino Piazzolla y de Asunta Mainetti. En 1925, la familia se establece en Nueva York hasta 1936 con un fugaz retorno a Mar del Plata en 1930.
En 1929, cuando Astor tenía ocho años, su padre le regala su primer bandoneón, que compra en una casa de empeños por diecinueve dólares. Estudia el bandoneón un año con Andrés Dáquila y realiza su primera grabación, Marionete Spagnol, un acetato (no comercial) producto de una intervención radiofónica en la Radio Recording Studio de Nueva York el 30 de noviembre de 1931.
En 1933 asiste a clases de música con el pianista húngaro Bela Wilda, discípulo de Rachmaninov y del que más tarde dijo: “Con él aprendí a amar a Bach”. Poco después, conoce a Carlos Gardel que se hace amigo de la familia y con quién toma parte en una escena de la película El día que me quieras en el papel de un diminuto canallita. Esta imagen fílmica posee un valor emblemático en la historia del tango.
En 1936, retorna con su familia definitivamente a Argentina, a Mar del Planta, en donde comienza a actuar en algunos conjuntos. Allí hace su segundo gran descubrimiento después del Bach de Bela Wilda, al escuchar por radio al sexteto de Elvino Vardaro, quién años más tarde sería su violinista. Esa forma distinta de interpretar el tango lo impacta profundamente y se convierte en su admirador. La inclinación de Astor por el tango y, en especial, por ese tipo de tango que comienza a prender con fuerza en su espíritu y en su ánimo, lo lleva a radicarse en Buenos Aires en 1938. Tenía sólo diecisiete años.
Alterna en diversos conjuntos de segundo orden hasta que en 1939 concreta su sueño: ingresar como bandoneonista en una de las grandes orquestas de esos años, la de Aníbal Troilo Pichuco, que fue uno de los mejores intérpretes de bandoneón y a quién Astor reconoce como uno de sus maestros.
Astor siente la necesidad de avanzar musicalmente y, siendo ya el arreglador de la orquesta de Troilo, inicia en 1941 sus estudios musicales con Alberto Ginastera y más tarde, en 1943, estudia piano con Raúl Spivak. En 1942 se casa con Dedé Wolff y, de este primer matrimonio, nacen sus dos hijos: Diana en 1943 y Daniel en 1944. Sus arreglos son demasiado avanzados para la época y terminaron por hacer que Troilo se los corrigiera para no espantar a los bailarines de las pistas.
En 1943, inicia sus composiciones de carácter “erudito” con la Suite para Cuerdas y Arpa y en 1944 deja la Orquesta de A. Troilo para dirigir la orquesta típica que acompaña al cantor Francisco Fiorentino hasta 1946, en donde forma su primera orquesta que disuelve en 1949. Con esta orquesta, de formación similar a las demás orquestas típicas de la época, comienza a desarrollar su impulso creador con composiciones y orquestaciones con un mayor criterio armónico y dinámico. Ese tango del joven y audaz director, más moderno y distinto, empieza a provocar las primeras polémicas entre los tangueros clásicos.
En 1946 compone el tango El Desbande, considerado por Piazzolla como su primer tango por poseer una estructura formal diferente y, poco después, comienza a componer música para películas.
En 1949 siente la necesidad de disolver la orquesta, apartarse del bandoneón, y casi del tango. Busca algo distinto, otro destino. Sigue estudiando a Bartok y Strawinski, y dirección orquestal con Herman Scherchen, escucha mucho jazz. Su búsqueda se hace obsesiva persiguiendo un estilo, una música que no tenga nada que ver con el tango. Todo era muy confuso y Astor decide abandonar el bandoneón para dedicarse a escribir y a profundizar sus estudios musicales. Tenía veintiocho años.
Entre 1950 y 1954 compone un grupo de obras, claramente distintas ya de la concepción del tango hasta ese momento, y comienza a definir su estilo: Para lucirse, Tanguango, Prepárense, Contrabajeando, Triunfal y Lo que vendrá.
En 1953 presenta la obra Buenos Aires (tres movimientos sinfónicos) compuesta en 1951 en el concurso Fabien Sevitzky. Piazzolla gana el primer premio y la obra es interpretada en la Facultad de Derecho de Buenos Aires por la Orquesta Sinfónica de Radio del Estado con el agregado de dos bandoneones y bajo la dirección del propio Sevitzky. Estalla el escándalo por las peleas que se desencadenaron al finalizar el concierto, debido a la indignación que provocó en cierto sector “culto” del público, la incorporación de dos bandoneones a una orquesta sinfónica.
Uno de los premios que ganó en este concurso fue una beca otorgada por el gobierno francés para estudiar en París, a donde viaja en 1954, con Nadia Boulanger, considerada en aquellos tiempos como la mejor pedagoga que había en el mundo de la música. Al principio, Piazzolla trata de ocultar su pasado tanguero y de intérprete de bandoneón creyendo que su destino estaba en la música clásica. Este punto de conflicto queda resuelto después de sincerarse ante Boulanger y de interpretar para ella su tango Triunfal. De allí surge una recomendación histórica: “Astor, sus obras eruditas están bien escritas pero aquí está el verdadero Piazzolla, no lo abandone nunca”.
Después de este episodio Piazzolla retorna al tango y a su instrumento, el bandoneón. Lo que antes era la música erudita o el tango, ahora ha de ser la música erudita y el tango, pero del modo más eficaz: tratar los recursos de la música erudita con la sangre del tango. En París, compone y graba una serie de tangos con una orquesta de cuerdas francesa y comienza a ejecutar el bandoneón de pie, apoyando una pierna sobre una silla, rasgo que va a caracterizar su puesta en escena.
Cuando Piazzolla vuelve a Argentina (1955) continúa con la orquesta de cuerdas y además forma un conjunto, el Octeto Buenos Aires, que es el inicio de la era del tango contemporáneo. Con una formación de dos bandoneones, dos violines, contrabajo, cello, piano y guitarra eléctrica, produce innovaciones compositivas e interpretativas que van produciendo una ruptura con el tango tradicional, profundiza un criterio camarístico que se independiza del modelo clásico de la orquesta típica y donde no tienen lugar el cantor y el bailarín. Comienza su revolución solitaria y a ganarse la eterna enemistad de los tangueros ortodoxos, despertando en su contra las más impiadosas críticas. No se desalienta y sigue por el camino que siente más que nunca como suyo, pero los sellos y los medios le hacen un fuerte boicot. En 1958 disuelve el Octeto y la Orquesta de Cuerdas y viaja a Nueva York a trabajar como arreglador.
Entre 1958 y 1960 actúa en Estados Unidos, donde realizó la experiencia negativa del Jazz-Tango y donde a raíz de la muerte de su padre en octubre de 1959, escribe en Nueva York su famoso Adiós Nonino. Al regresar, conformó el primero de sus célebres Quintetos, denominado Nuevo Tango (bandoneón, violín, bajo, piano y guitarra eléctrica). El Quinteto fue el conjunto que más perduró y el más querido por Piazzolla, la síntesis musical que expresó mejor sus ideas.
En 1963 estrena, bajo la dirección de Paul Klecky, Tres Tangos Sinfónicos (Premio Hirsch) y en 1965 graba dos de sus discos más importantes: Piazzolla en el Philarmonic Hall de New York, que reproduce las obras del concierto con el quinteto en mayo de 1965 en ese sitio y El Tango de valor histórico producto de su unión con Jorge Luis Borges.
En 1966 se separa de Dedé Wolff. En 1968 inicia su extensa labor con el poeta Horacio Ferrer con quien compone la “operita” María de Buenos Aires; comienza una nueva experiencia: el tango canción. En esa época inicia su relación con la cantante Amelita Baltar.
En 1969, junto a Horacio Ferrer, compone Balada para un loco, presentada en el primer Festival Iberoamericano de la Canción, donde se le concede un polémico segundo premio. Esta obra resultó su primer impacto realmente popular, estrenada por Amelita Baltar con el propio Piazzolla en la dirección de la orquesta.
En 1970 vuelve a París, donde compone junto con Ferrer el oratorio El Pueblo Joven, cuyo estreno tiene lugar en Saarbruck (Alemania) en 1971 y en ese mismo año forma el Conjunto 9, actuando en Buenos Aires y en Italia, donde graba varios programas para la RAI. Este conjunto fue como un gran sueño para Piazzolla: el conjunto de cámara que siempre quiso tener y donde produjo tal vez su música más elaborada, pero ante la imposibilidad de sostenerlo, la realidad lo llevó a su disolución.
En 1972 se produce su primera actuación en el Teatro Colón de Buenos Aires, compartida con otras orquestas de tango. Y en 1973, tras un período de gran producción como compositor, sufre un infarto que lo obliga a reducir su actividad artística.
Ese mismo año decide instalarse en Italia donde inicia una serie de grabaciones que cubren cinco años, siendo la más célebre Libertango, obra que debe ser considerada como su carta de presentación ante el público europeo.
En estos años forma el Conjunto Electrónico, un octeto constituido por bandoneón, piano eléctrico y/o acústico, órgano, guitarra y bajo eléctricos, batería, sintetizador y violín, que luego fue sustituido por flauta travesera o saxo. Posteriormente, en 1975, se incorpora como cantante José A. Trelles y alternan en el conjunto músicos argentinos y europeos. Este conjunto no tenía nada que ver con los anteriores y algunos lo consideran como una aproximación al jazz-rock pero según decía el mismo Piazzolla: “Ahí estaba mi música, tenía olor a tango y no a rock”.
En 1974 se separa de Amelita Baltar. Ese mismo año graba con el saxofonista Gerry Mulligan un disco memorable, Summit, con una orquesta de músicos italianos. La música que Piazzolla compone para este disco se caracteriza por el tratamiento exquisitamente melódico del bandoneón y del saxo, sobre una base esencialmente rítmica. En 1975, muere Aníbal Troilo y en su memoria compone la Suite Troileana, obra en cuatro movimientos, que graba con el conjunto electrónico, con la participación de A. Agri en violín.
En 1976 conoce a la que sería su última mujer, Laura Escalada. En diciembre de ese mismo año se lleva a cabo un explosivo concierto en el teatro Gran Rex de Buenos Aires, donde presenta su obra 500 Motivaciones, escrita especialmente para el conjunto electrónico. En 1977, registra otro memorable concierto en el Olympia de París, con un conjunto similar al anterior, pero con músicos de procedencia más cercana al rock. Esta es la última formación de carácter eléctrico. Piazzolla deja repentinamente de tomar como referencia la sonoridad internacional del tipo Chick Corea y, a pesar de que el conjunto electrónico hacía buena música, no lo considera el verdadero Piazzolla. Nace entonces, en 1978, la segunda etapa del Quinteto, la que lo consolidó en los escenarios del mundo. También reinicia una etapa donde se dedica a las composiciones de carácter camarístico y sinfónico.
Los próximos diez años son los mejores de Piazzolla en cuanto a su difusión. Se intensifican las giras por todo el mundo: Europa, Sudamérica, Japón y Estados Unidos. En un período que llega hasta 1990, realiza una vertiginosa serie de conciertos, fundamentalmente con el Quinteto, y también como solista de orquestas sinfónicas y de cámara y en los últimos años con su última formación, el Sexteto, y con Cuartetos de cuerda. Se realizan numerosas grabaciones en vivo de esos conciertos, editadas en CD. Este hecho confirma de algún modo algo que se ha dicho frecuentemente: la música de Piazzolla no existe si no es interpretada por él; lo físico es una característica de su estilo, al que podríamos definir como una estética del cuerpo en estado de música.
En 1982 escribe Le Grand Tango, para cello y piano, dedicada al gran cellista ruso Mtislav Rostropovitch y que fue estrenada por él en 1990 en Nueva Orleans y en junio de 1983 se produce uno de los hechos más significativos de su vida: se presenta con un programa íntegramente dedicado a su música en el Teatro Colón de Buenos Aires, principal escenario de la música clásica de Argentina. Para la ocasión reagrupa al Conjunto 9 y también interviene como solista con la Orquesta Sinfónica dirigida por Pedro I. Calderón, interpretando su célebre Concierto para Bandoneón y Orquesta.
En 1984 actúa con la cantante Milva, registrando el disco Live at the Bouffes du Nord y en Viena con el Quinteto donde graba el CD Live in Wien. En 1985 es nombrado ciudadano ilustre de Buenos Aires y estrena el Concierto para Bandoneón y Guitarra: Homenaje a Lieja, con la dirección de Leo Brouwer en el Quinto Festival Internacional de Guitarra en Bélgica.
En 1986 recibe en París el Premio César por la banda sonora del film El exilio de Gardel y graba junto a Gary Burton la Suite for Vibraphone and New Tango Quintet, en vivo en el festival de Jazz de Montreux, Suiza. En 1987 graba con la Orquesta de St. Luke’s, dirigida por Lalo Schifrin, el Concierto para Bandoneón y Tres Tangos para Bandoneón y Orquesta.
El concierto, que tiene lugar en 1987 en el Central Park de Nueva York frente a un público masivo, posee para Piazzolla el valor de una reivindicación histórica. La ciudad donde pasó su infancia, donde quedó subyugado por la música de Bach y el Jazz y donde fracasó en 1958, finalmente le presta atención a su música. Los discos editados en los Estados Unidos en los últimos años de los 80 lo documentan: Tango Zero Hour, Tango Apasionado, La Camorra, Five Tango Sensations (con el Kronos Quartet), Piazzolla con Gary Burton, etc.
En 1988, pocos meses después de grabar el que sería el último disco con el Quinteto (La Camorra), es sometido a una operación de cuatro by-pass cardiovasculares. Poco después, a principios de 1989, forma el que sería su último conjunto el Sexteto Nuevo Tango de características inusuales: dos bandoneones, piano, guitarra eléctrica, contrabajo y violonchelo. Con este conjunto, se presenta en el mes de junio de ese año en el Teatro Ópera de Buenos Aires, en el que sería su último concierto en Argentina y realiza una extensa gira por Estados Unidos, Alemania, Inglaterra y Holanda.
A finales de 1989 disuelve este conjunto y continúa presentándose como solista con cuartetos de cuerdas y orquestas sinfónicas, hasta que el 4 de agosto de 1990, en París, sufre una trombosis cerebral. Después de casi dos años de sufrir las consecuencias de esta enfermedad, muere en Buenos Aires el 4 de julio de 1992.
Su obra, compuesta por más de 1000 temas, en la que consigue una singularidad creadora e insoslayablemente argentina, comienza a tener influencias sobre los mejores músicos del mundo y de distintos géneros, como el violinista Gidon Kremer, el chelista Yo-Yo-Ma, el Kronos Quartet, los pianistas Emanuel Ax y Arthur Moreira Lima, el guitarrista Al Di Meola, los hermanos Assad y numerosas Orquestas de Cámara y Sinfónicas. Una obra que se caracteriza por su potencia estética y su rasgo único, casi solitario. No se parece a ninguna otra música, al escucharla estamos obligados a cuestionar los géneros y empezar por decir: esto es Piazzolla. Impacta y fascina. Se trata de un ‘lenguaje’ que ha conseguido un estilo inquebrantable. Con elementos dispares y rebeldes (el jazz, la música clásica, la exploración tímbrica) produce una obra única bajo el drástico pulso de su tango.
Astor Piazzolla no cine (filmografia).
(Astor Piazzolla en el cine (filmografía)).
Raul the Terrible (2006), Sociedad anónima (2005), Cristales rotos (2005), Piazzola en Buenos Aires (2005), Martha Argerich, conversation nocturne (2003), Tango Octogenario (2003), La Meglio gioventù (2003), Benjamim (2003), Fuga de los 20 (2002), Cospel (2001), Mi telenovela persona (2001), Morbo (2001), Queenas (2001), Borges en porteño (1999), The Impostors (1998), Pop (1998), Twelve Monkeys (1995), Unter der Milchstraße (1995), Citizen Langlois (1994), Comme tout le monde (1994), O lo uno o lo otro (1993), El Viaje (1992), Eddie (1992), Rue Saint-Valentin (1991), Hab’ ich nur deine Liebe (1989), L’ Éternelle idole (1989), Enligt beslut (1988) (TV), Sur (1988), Frantic (1988), Tierra sin mal (1988), Kärleken är allt (1986), Tangos, l’exil de Gardel (1985), Cuarteles de invierno (1984), Enrico IV (1984), Bella Donna (1983), ¿Somos? (1982), Volver (1982), Le Pont du Nord (1982), Neonstadt (1982), Non-Lieu (1981) (TV), El Infierno tan temido (1980), Aujourd’hui deux femmes (1979) (TV), A Intrusa (1979), Personaje al exterior (1978), ¿Qué es el otoño? (1977), Armaguedon (1977), Les Petites galères (1977), Servante et maîtresse (1977), Cadaveri eccellenti (1976), Lumière (1976), Il pleut sur Santiago (1976), Quand la ville s’éveille (1975), Toda Nudez Será Castigada (1973), La Ñata contra el vidrio (1972), Resistencia, La (1972), Vallejos (1972), Con alma y vida (1970), Breve cielo (1969), La Fiaca (1969), Pulsación (1969), Tango argentino (1969), Crimen sin olvido (1968), Pirañas, Las (1967), Los Anónimos (1966), Buenos Aires en camiseta (1966), Las Locas del conventillo (1966), Buenos Aires (1966), Con gusto a rabia (1965), Extraña ternura (1964), Los que verán a Dios (1963), La Fin del mundo (1963), Paula cautiva (1963), Detrás de la mentira (1962), Prisioneros de una noche (1962), Che, Buenos Aires (1962), Quinto año nacional (1961), Las Furias (1960), Sábado a la noche, cine (1960), El Crack (1960), Buenos días, Buenos Aires (1959), Dos basuras (1958), Operación Antártida (1958), Historia de una carta (1957), Violencia en la ciudad (1957), Una Viuda difícil (1957), Marta Ferrari (1956), Los Tallos amargos (1956), Sucedió en Buenos Aires (1954), Stella Maris (1953), Bólidos de acero (1950), El Cielo en las manos (1950), Con los mismos colores (1949).
(Manuel Curiel).
![]() | ![]() |


