Fonmiñá

Noticias

Galería

Ciclos

Enlaces

TSOTSI

Espectadores

Votos

Auditorio – Día 18 – 9 tarde

Tsotsi

Formato: 35 mm
Ano / Año: 2005
País: Reino Unido, Sudáfrica
Produción / Producción: Industrial Development Corporation of South Africa
Dirección / Director: Gavin Hood
Guión: Gavín Hood
Fotografía: Lance Gewer
Montaxe / Montaje: Megan Gill
Música orixinal / Música original: Paul Hepker
Intérpretes: Presley Chweneyagae, Ferry Pheto, Kenneth Nkosi
Duración: 94 minutos
Premios: Oscar Mellor Película Estranxeira, 2005
Premio do Público - Festival de Toronto
Premio do Público - Festival de Edimburgo
Premio do Público - Festival dos Ánxeles
Premio do Cine Europe – Mellor Película Internacional
Globo de Oro - Mellor Película Estranxeira


Nunha das barriadas cheas de miseria que rodean Johannesburgo, Sudáfrica, Tsotsi, un rapaz de 19 anos, borrou calquera recordo da súa conciencia, incluíndo o seu nome real. Tsotsi significa simplemente “matón” ou “gangster” na linguaxe vulgar do gueto. Orfo dende moi pequeno e obrigado a facerse maior sen axuda, Tsotsi viviu unha vida de privacións extremas, tanto físicas como psicolóxicas. Ten escasa conciencia dos sentimentos dos demais, e endureceuse relegando calquera sentido da compaixón. Gobernado polo impulso e o instinto, móveo o medo que inspira a outros. Sen nome, sen pasado, sen ningún proxecto para o futuro, só existe nun presente cheo de rabia. Tsotsi lidera o seu propio grupo de marxinados sociais: Bonston, un profesor fracasado, Butcher, un asasino frío e Aap, un idiota. Durante unha noite de alcohol nun garito ilegal, Tsotsi é presionado por un Boston bébedo para que revele algo do seu pasado ou polo menos o seu nome real. Pero Tsotsi non di nada. As preguntas evocan recordos dolorosos, longamente reprimidos e que preferiría manter enterrados. Boston insiste.

Dirixe Gavin Hood, que despois de graduarse en leis en Sudáfrica traballou brevemente como actor antes de ir a Estados Unidos, onde realizou estudos de cine na UCLA. Despois de completar os seus estudos, volveu a Sudáfrica, onde obtivo o seu primeiro traballo realizando vídeos para o departamento de saúde, o que lle supuxo o seu primeiro contacto coa epidemia da SIDA. Por este traballo educativo para televisión gañou un premio Artes Award, o equivalente aos Grammy en Sudáfrica. En 1988 Gavin realizou o seu debut en 35mm cunha curtametraxe de 22 minutos, The sorekeeper, que foi premiado internacionalmente. Este éxito facilitoulle rodar a súa primeira película, A reasonable man (1999), á que seguiu W pustyni i w puszczy (Desert and wilderness) (2001).




En una de las barriadas llenas de miseria que rodean Johannesburgo, Sudáfrica, Tsotsi, un chaval de 19 años, ha borrado cualquier recuerdo de su conciencia, incluyendo su nombre real. Tsotsi significa simplemente "matón" o "gangster" en el lenguaje callejero del gueto. Huérfano desde muy pequeño y obligado a hacerse mayor sin ayuda, Tsotsi ha vivido una vida de privaciones extremas, tanto físicas como psicológicas. Tiene escasa conciencia de los sentimientos de los demás, y se ha endurecido relegando cualquier sentido de la compasión. Gobernado por el impulso y el instinto, le mueve el miedo que inspira a otros. Sin nombre, sin pasado, sin ningún plan para el futuro, solo existe en un presente lleno de rabia. Tsotsi lidera su propio grupo de marginados sociales: Boston, un profesor fracasado, Butcher, un asesino frío y Aap, un idiota. Durante una noche de alcohol en un garito ilegal, Tsotsi es presionado por un Boston borracho para que revele algo de su pasado o al menos su nombre real. Pero Tsotsi no dice nada. Las preguntas evocan recuerdos dolorosos, largamente reprimidos y que preferiría mantener enterrados. Boston insiste.

Dirige Gavin Hood, quien tras graduarse en leyes en Sudáfrica trabajó brevemente como actor antes de ir a Estados Unidos, donde realizó estudios de cine en la UCLA. Tras completar sus estudios, volvió a Sudáfrica, donde obtuvo su primer trabajo realizando vídeos para el departamento de salud, lo que le supuso su primer contacto con la epidemia del SIDA. Por este trabajo educativo para televisión ganó un premio Artes Award, el equivalente a los Grammy en Sudáfrica. En 1988 Gavin realizó su debut en 35mm con un corto de 22 minutos, The storekeeper, que fue premiado internacionalmente. Este éxito le facilitó rodar su primera película, A reasonable man (1999), a la que siguió W pustyni i w puszczy (Desert and wilderness) (2001).