Fonmiñá

Noticias

Galería

Ciclos

Enlaces

AGUA

Espectadores

Votos

Auditorio – Día 20 – 9 tarde

Agua

Formato: 35 mm
Ano / Año: 2005
País: Canadá, India
Produción / Producción: Deepa Mehta Films, Flagship International
Dirección / Director: Deepa Mehta
Guión: Deepa Mehta
Fotografía: Giles Nuttgens
Montaxe / Montaje: Colin Monie
Música orixinal / Música original: Michael Danna
Intérpretes: Seema Biswas, Lisa Ray, John Abraham
Duración: 115 minutos
Premios: Festival de Valladolid - Presentación, 2005


A historia transcorre en 1938, na India colonial, en pleno movemento de emancipación liderado por Manhatma Ghandi. Segundo as crenzas hindús, cando unha muller casa, convértese na metade do home. Polo tanto, se el morre, considérase que a metade da muller morreu. Os libros sacros din que unha viúva ten tres opcións: casar co irmán máis novo do seu home, arder co seu home ou levar unha vida de total abnegación. Celébrase unha voda que ben podería ser un enterro: casan a Chuyia, unha nena de 8 anos, cun moribundo que falece esa mesma noite. Quéimase o seu corpo na beira dun río sacro e Chuyia prepárase para o destino que escolleron para ela. Aféitaselle a cabeza e ingresa nun ashram para viúvas, onde deberá pasar o resto da súa vida, convertida nun altar vivente consagrado á memoria do falecido. Pero o ashram, gobernado por unha especie de enorme gárgola chamada Madhumati, é unha farsa que controla a vida das reclusas. O chulo local tráelle ganja (marihuana), que fuma con pracer, e ela entrégalle ás viúvas máis novas para que se prostitúan ata que perden o seu atractivo e deixan de ser lucrativas. A auga é unha constante na película, non só como metáfora, senón tamén como instrumento. Á beira do río, Kalyani coñece a Narayan, un mozo idealista seguidor de Ghandi, fillo de brahmáns, a casta social máis alta da india. Estuda Dereito, está entusiasmado coa revolución social pregoada por Ghandi e máis que disposto a rexeitar os límites impostos por unha tradición secular. Con Chuyia actuando como mensaxeira, a súa imposible relación comeza a florecer.

Dirixe Deepa Mehta (Amristar, India, 1950). A súa filmografía complétase con Sam&Me (1991), Camilla (1994), Fuego (1996), Tierra (1998), Bollywood/Hollywood (2002) e The Republic of Love (2003). Deepa Mehta é licenciada en Filosofía pola Universidade de Nova Delhi e en 1992 dirixiu un episodio da serie Las aventuras del joven Indiana Jones, titulado Benares, que se rodou integramente na cidade do mesmo nome en India.




La historia transcurre en 1938, en la India colonial, en pleno movimiento de emancipación liderado por Mahatma Gandhi. Según las creencias hindúes, cuando una mujer se casa, se convierte en la mitad del hombre. Por lo tanto, si él muere, se considera que la mitad de la esposa ha muerto. Los libros sagrados dicen que una viuda tiene tres opciones: casarse con el hermano más joven de su marido, arder con su marido o llevar una vida de total abnegación. Se celebra una boda que bien podría ser un entierro: casan a Chuyia, una niña de 8 años, con un moribundo que fallece esa misma noche. Se quema su cuerpo en la orilla de un río sagrado y Chuyia se prepara para el destino que han escogido para ella. Se le afeita la cabeza e ingresa en un ashram para viudas donde deberá pasar el resto de su vida, convertida en un altar viviente consagrado a la memoria del fallecido. Pero el ashram, gobernado por una especie de enorme gárgola llamada Madhumati, es una farsa que controla la vida de las reclusas. El chulo local le trae ganja (marihuana), que fuma con placer, y ella le entrega a las viudas más jóvenes para que se prostituyan hasta que pierden su atractivo y dejan de ser lucrativas. El agua es una constante en la película, no sólo como metáfora, sino también como instrumento. A la orilla del río, Kalyani conoce a Narayan, un joven idealista seguidor de Gandhi, hijo de brahmanes, la casta social más alta de la India. Estudia Derecho, está entusiasmado con la revolución social pregonada por Gandhi y más que dispuesto a rechazar los límites impuestos por una tradición secular. Con Chuyia actuando como mensajera, su imposible relación empieza a florecer.

Dirige Deepa Mehta (Amritsar, India, 1950). Su filmografía se completa con Sam & Me (1991), Camilla (1994), Fuego (1996), Tierra (1998), Bollywood/Hollywood (2002) y The Republic of Love (2003). Deepa Mehta es licenciada en Filosofía por la Universidad de Nueva Delhi y en 1992 dirigió un episodio de la serie Las aventuras del joven Indiana Jones, titulado Benares, que se rodó íntegramente en la ciudad del mismo nombre en India.