LOS PORFIADOS

Espectadores
Votos
Auditorio – Día 22 – 7 tarde
Los porfiados
Formato: 35 mm
Ano / Año: 2002
País: Arxentina, Francia
Dirección / Director: Mariano Torres Manzur
Guión: Mariano Torres Manzur
Fotografía: German Drexler
Montaxe / Montaje: Roberto Echego Yenberri
Música orixinal / Música original: Martín Torres
Intérpretes: Mario Paolucci, Germán de Silva, Ernesto Candoni
Duración: 90 minutos
Premios: Festival de Cine de Venecia - Presentación
Mellor Película Festival de Cine Independiente – Barcelona
Arxentina, nos albores do século XXI. Nun suburbio de Bos Aires, Dino, un vello ideólogo marxista soña cunha fermosa revolución. Un día reúne unha especie de exército ao que consegue convencer coas súas ideas de obxectivos pouco concretos. Na súa cabana, convertida en cuartel xeral, no medio de cabras e galiñas, organízanse para converterse en modernos guerrilleiros. Tal vez non sirva para nada, pero están dispostos a dar a vida por esta revolución. Cada un deles é un marxinado á súa maneira, que representa unha parte da sociedade: Artemio, Domingo, Braguetón, Don Bachetta e Eva, unha moza francesa filla dun vello amigo de Dino. Ao principio hai momentos de fraternidade, de amizade, de risas. A imaxinación ao poder. Pero deseguida aparecen os problemas: Eva e Artemio viven unha historia de amor que non é aceptada nin comprendida polos membros do grupo; mentres, Braguetón e Don Bachetta soñan con roubarlle o poder a Dino. Un día, os nosos valentes soldados deciden pasar á acción violenta, pero as cousas complícanse: ¿quen vai poñer a bomba?
É a primeira longametraxe dirixida polo arxentino Mariano Torres Manssur (San Juan, 1975), que despois de estudar na Universidade de Cine de Bos Aires realizou varias curtametraxes e unha mediametraxe en 16mm titulada Cómo mataron a Ernestito Candoni. O guión é do propio director e baséase na novela Los siete locos, de Roberto Arlt.
Argentina, en los albores del siglo XXI. En un suburbio de Buenos Aires, Dino, un viejo ideólogo marxista sueña con una hermosa revolución. Un día reúne una especie de ejército al que consigue convencer con sus ideas de objetivos poco concretos. En su cabaña, convertida en cuartel general, en medio de cabras y gallinas, se organizan para convertirse en modernos guerrilleros. Tal vez no sirva para nada, pero están dispuestos a dar la vida por esta revolución. Cada uno de ellos es un marginado a su manera, que representa una parte de la sociedad: Artemio, Domingo, Braguetón, Don Bachetta y Eva, una joven francesa hija de un viejo amigo de Dino. Al principio hay momentos de fraternidad, de amistad, de risas. La imaginación al poder. Pero enseguida aparecen los problemas: Eva y Artemio viven una historia de amor que no es aceptada ni comprendida por los miembros del grupo; mientras, Braguetón y Don Bachetta sueñan con robarle el poder a Dino. Un día, nuestros valientes soldados deciden pasar a la acción violenta, pero las cosas se complican: ¿quién va a poner la bomba?
Es el primer largo dirigido por el argentino Mariano Torres Manzur (San Juan, 1975), quien tras estudiar en la Universidad de Cine de Buenos Aires realizó varios cortometrajes y un mediometraje en 16mm titulado Cómo mataron a Ernestito Candoni. El guión es del propio director y se basa en la novela Los siete locos, de Roberto Arlt.


