NO MATARÁS

Espectadores
Votos
Auditorio – Día 18 – 11 noite
(Película fóra de concurso)
No matarás
Formato: 35 mm
Ano / Año: 1988
País: Polonia
Produción / Producción: Ryszard Chutkowski
Dirección / Director: Krzysztof Kieslowski
Guión: Krzysztof Piesiewicz
Fotografía: Slawomir Idziak
Música orixinal / Música original: Zbigniew Preisner
Intérpretes: Miroslaw Baka, Krzysztof Globisz, Jan Tesarz, Barbara Dziekan
Duración: 81 minutos
Chega por fin a España con case vinte anos de atraso No matarás, sen dúbida un dos mellores filmes do polaco Kieslowski e o que o lanzou internacionalmente despois de obter o Premio do Xurado na edición de 1988 de Cannes e o Premio ao Mellor Filme pola Academia do Cine Europeo. Como homenaxe póstuma ao director (cúmprense dez anos da súa morte) non está nada mal, porque polo menos animou a súa estrea no noso país. Ao seu director coñecémolo máis aquí por películas como La doble vida de Verónica (1991) e, fundamentalmente, pola triloxía Tres Colores: Azul, Blanco e Rojo (1993-94). No matarás, rodada en 1987, é o quinto episodio dun proxecto, Decálogo, que lle encargou a televisión polaca para abordar os dez mandamentos. Nesta, Kieslowski ofrécenos unha película curta (85 minutos) sobre o asasinato: o individual, o programado polo Estado e o colectivo (o dunha sociedade abocada á violencia).
Trátase dunha alegación en contra da pena de morte a través dunha simplicidade á que estamos bastantes desacostumados no cine de hoxe en día. A estética está na líña deste director tan persoal, con atmosferas inhóspitas reforzadas pola distorsión da cor, planos subxectivos, grandes silencios…. O destino de tres individuos, un taxista, un mozo campesiño e un estudante de dereito, acaba cruzándose, e non de balde. Na trama non se acaba cuestionando a culpabilidade dun ou doutro; isto para o director é algo secundario. Kieslowski invítanos, máis ben, a unha reflexión sen miras acerca do dereito que ten un ser humano a decidir sobre o destino doutro. Mestre, en canto á análise dos sentimentos máis recónditos que habitan a alma humana, preséntasenos Kieslowski cunha película arrepiante, pero tamén, impecable.
Llega por fin a España con casi veinte años de retraso No matarás, sin duda, uno de los mejores filmes del polaco Kieslowski y el que le lanzó internacionalmente tras obtener el Premio del Jurado en la edición de 1988 de Cannes y el Premio al Mejor Film por la Academia del Cine Europeo. Como homenaje póstumo al director (se cumplen diez años de su muerte), no está nada mal porque por lo menos ha animado a su estreno en nuestro país. A su director le conocemos más aquí por películas como La doble vida de Verónica (1991) y, fundamentalmente, por la trilogía Tres Colores: Azul, Blanco y Rojo (1993-94). No matarás, rodada en 1987, es el quinto episodio de un proyecto, Decálogo, que le encargó la televisión polaca para abordar los diez mandamientos. En ésta, Kieslowski nos ofrece una película corta (85 minutos) sobre el asesinato: el individual, el programado por el Estado y el colectivo (el de una sociedad abocada a la violencia).
Se trata de un alegato en contra de la pena de muerte a través de una simplicidad a la que estamos bastante desacostumbrados en el cine de hoy en día. La estética está en la línea de este director tan personal, con atmósferas inhóspitas reforzadas por la distorsión del color, planos subjetivos, grandes silencios... El destino de tres individuos, un taxista, un joven campesino y un estudiante de derecho, acaba cruzándose, y no de manera gratuita. En la trama no se acaba cuestionando la culpabilidad de uno o de otro; esto para el director es algo secundario. Kieslowski nos invita, más bien, a una reflexión sin miras acerca del derecho que tiene un ser humano a decidir sobre el destino de otro. Maestro, en cuanto al análisis de los sentimientos más recónditos que habitan el alma humana, se nos presenta Kieslowski con una película espeluznante, pero también, impecable.


