Programas para el martes
Inauguración Oficial de la exposición Carmen Correa
Martes, ás 13,00 h., na sala de Xuntas da Delegación de Presidencia (1º andar do Edificio administrativo), vai ser presentado o libro “Carmen Correa, do Queirogal ó Cine”, editado por Fonmiñá con motivo da XXVIII Semana de Cine, co patrocinio da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia.
Carmen Correa presentará a película do seu ciclo
Ás 20,00 h., en Caixa Galicia, Carmen Correa presentará a película
do seu ciclo “Regresa un desconocido” (1961), na que ademáis dela
participaron Arturo Fernández, Edith Elmay, Jorge Rigaud, Pedro Osinaga e
Luis Induni, dirixida por Juan Bosch, e na que foi xefe de producción
Carlos Boué, esposo da actriz.
Ás 23,00 h., asistirá no Auditorio Gustavo Freire á proxección da película “Otros tiempos” (2000), de nacionalidade francesa, dirixida por
André Téchiné, e coa participación de Catherine Deneuve, Gérard Depardieu, Gilbert Melki e Malik Zidi.
Os asistentes a esta proxección serán agasallados con cadanseu exemplar do libro “Carmen Correa, do Queirogal ó Cine”.


