Fonmiñá

Noticias

Galería

Ciclos

Enlaces

Seminario de cine a cargo de Azucena De La Fuente,Directora de `Sueños de una mujer despierta

Foto de noticia As inscricións hanse efectuar desde hoxe ata o próximo venres, en Fonmiñá, de 7,30 a 8,30 do serán.

Con motivo da XXVIII Semana de Cine de Lugo, Fonmiñá vai celebrar un Seminario sobre Cámara e Dirección de actores, a cargo de Azucena De La Fuente, Directora do corto “Sueños de una mujer despierta”.

O Seminario celebrarase na mañá do luns, 18 de setembro, de 9,30 a 14,30 h., na sede do Grupo Fonmiñá, en Concepción Arenal, 59, ent.

Para este Seminario admitiranse un total de 16 persoas interesadas polo mundo do cine, tendo preferencia os socios e fillos de socios do Grupo organizador, e despois os lucenses en xeral.

Os alumnos deben levar roupa cómoda para poder moverse con liberdade.

As inscricións hanse efectuar desde hoxe ata o próximo venres, en Fonmiñá, de 7,30 a 8,30 do serán.

O corto “Sueños de una mujer despierta” será presentado pola súa autora o domingo, día 17, no Auditorio Gustavo Freire, dentro do ciclo “Igualdade”, da Semana de Cine.